Eventos y noticias

En esta sección podrás encontrar los eventos y actividades que realizamos en Trascos, además de noticias sobre nuestra asociación.

También puedes encontrarnos en Instagram.

Programa de desenvolvemento das competencias de intersubxectividade e das habilidades de comunicación en persoas con Trastorno da Comunicación Social e Trastorno do Espectro Autista

Subvencionado polo Concello de Ourense

OFERTA LABORAL

OFERTA LABORAL:LOGOPEDA PARA PROGRAMAS DE COOPERACIÓN 2024

Persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados, así como disponibles para o emprego.

Non poderán ser contratadas as persoas que fosen contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas de cooperación nos anos 2021, 2022 e 2023.

REQUISITOS:

  • Grao en Logopedia.
  • Experiencia en intervención, asesoramento e sensibilización con familiares de persoas con TEA. 
  •  Disponibilidade de incorporación inmediata. 

 FUNCIÓNS:

  •  Atención directa a usuarios/as e familias.
  •  Coordinación e xestión en equipo multidisciplinar.
  •  Apoio a persoas con TEA e as súas familias a través da intervención, asesoramento e sensibilización de todo o seu contorno. 
  •  Funcións suxeitas a demanda do posto. 

 VALORARASE:

  •  Formación e experiencia no ámbito do Trastorno do Espectro Autista. 

 TIPO DE XORNADA: 

  • Xornada parcial ó 75%.

 DURACIÓN DO CONTRATO:

  • 12 meses. 
  • Incorporación en Decembro de 2024.

 SALARIO: 

  • Según convenio.

Se queres traballar con nos, envía o teu currículum, antes do 18 de novembro, ao seguinte correo electrónico: asociaciontrascos@gmail.com 

Programa de Promoción da autonomía persoal, familiar e social en persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA)

Subvencionado pola Deputación de Ourense

ESTAMOS DE VOLTA!

NOVO CURSO 2024-2025

En Trascos estamos de volta!

Lembrámosvos que hoxe, luns 02 de setembro, comenzamos coas terapias.

Esperámosvos con moitas ganas e ilusión para este novo curso 2024-2025.

AVISO VACACIÓNS

Informámosvos de que a partir de hoxe (mércores 31 de xullo) permaneceremos pechados polas vacacions de verán. 

Regresaremos o luns 2 de setembro para dalo todo no próximo curso 2024-2025!

Desexámosvos unhas felices vacacións de verán! 

CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

O próximo 01 de xullo dará comezo o tan agardado campamento de verán de Trascos, onde desfrutaremos de xogos cooperativos, piscina excursións e moito máis. 

Este é un programa de Participación Social da Federación Autismo Galicia, subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

Para obter máis información ou realizar calquera consulta, non dubides en contactar con nós.

Pasarémolo en grande!

 

 

29
JUN
2024

ESTREO DE "LAS BODAS DE FÍGARO. EL AFILADOR" 

Deixamos un pequeno resumo en imaxes  dun gran proxecto onde o traballo de moitos meses e a ilusión coa que o levaron a cabo, uníronse para crear unha gran obra artística.

Na obra colaboraron varias familias e rapaces da Asociación durante estes últimos meses, en colaboración tamén con outras asociacións, conformando un proxecto multidisciplinar, comunitario, inclusivo, intexeneracional e que da visibilidade ó rural.

Desde Trascos, tan só podemos agradecer novamente ao director Mikel Aristegui e a Sil Producciones por contar con nós. Tamén, a Fundación La Caixa polo apoio a través do programa Art for change.

Iniciativas coma o teatro, favorecen ao desenvolvemento de habilidades sociais, habilidades artísticas, descobremento de novas facetas, mellora da expresión corporal, creación de novas amizades, sentimento grupal, flexibilidade e adaptación a novos espazos. Ademáis de ampliar a oferta cultural e romper as barreiras que, moitas veces, limitan o acceso e participación nestas áreas. Tamén, dando visibilidade ó diagnóstico e realizando unha verdadeira inclusión nestas áreas artísticas.

Agardamos que este tipo de proxectos continúen levándose a cabo, xa que teñen unha verdadeira trascendencia a niveis de accesibilidade, inclusión e inspiración.

 

17
MAY
2024

Un COB de todos y para todos
Sección Deportes. La Región

Acceder al artículo:
https://www.laregion.es/articulo/zona-cob/cob-todos-todos/202405160700001295367.html
 

14
ABR
2024

XORNADA DE CONVIVENCIA CON TRASCOS
-Suplemento de sociedad. Vida. La Región

"O domingo día 7 de abril, a Asociación TRASCOS organizou un Día de
Convivencia entre persoas con TEA, familias e profesionais na Asociación
A.N.D.R.E.A., co fin de conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre
o Autismo, que se celebrou o pasado 2 de abril."
 

24
DIC
2023

TRASCOS CELEBROU O SEU DÉCIMO ANIVERSARIO
-Suplemento de sociedad. Vida. La Región

"O vindeiro sábado 16 de decembro, a Asociación de familias, profesionais e
Investigadores/as de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (TRASCOS), cuxo
obxectivo é axudar e mellorar a calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro
Autista e das súas familias, celebrará unha Xornada de Portas Abertas para
conmemorar unha década de impacto positivo na comunidade."
 

OFERTA LABORAL

OFERTA LABORAL: PSICÓLOGO/A PARA PROGRAMAS DE COOPERACIÓN 2023

 Persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados, así como disponibles para o emprego.

 Non poderán ser contratadas as persoas que fosen contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas de cooperación nos anos 2019, 2021 e 2022. 

REQUISITOS:

  • Grao en Psicoloxía.
  • Experiencia en intervención, asesoramento e sensibilización con familiares de persoas con TEA. 
  • Disponibilidade de incorporación inmediata. 

FUNCIÓNS:

  • Atención directa a usuarios/as e familias.
  • Coordinación e xestión en equipo multidisciplinar.
  • Apoio a persoas con TEA e as súas familias a través da intervención, asesoramento e sensibilización de todo o seu contorno. 
  • Funcións suxeitas a demanda do posto. 

VALORARASE:

  • Formación e experiencia no ámbito do Trastorno do Espectro Autista. 

TIPO DE XORNADA: 

  • Xornada parcial.

DURACIÓN DO CONTRATO:

  • 12 meses. 
  • Incorporación en Decembro de 2023.

SALARIO

  • Según convenio.

Se queres traballar con nos, envía o teu currículum, antes do 24 de novembro, ao correo electrónico.

Programa de desenvolvemento das competencias de intersubxectividade e das habilidades de comunicación en persoas con Trastorno da Comunicación Social e Trastorno do Espectro Autista

Subvencionado polo Concello de Ourense

Programa de Promoción da autonomía persoal, familiar e social en persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA)

Subvencionado pola Deputación de Ourense

18
FEB
2023

VIVIR CON ASPERGER: "Nos cuesta expresar nuestros sentimientos pero los tenemos"
Faro de Vigo 


-Acceder al artículo:
https://www.farodevigo.es/ourense/2023/02/18/vivir-asperger-cuesta-expresar-sentimientos-83172675.html

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.